Solicitamos su permiso para obtener datos estadísticos de su navegación en esta web. Si continúa navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK | Política de cookies | Política de Privacidad
Language: English
RSS

Máster HPC

  • Máster HPC

Suscribete

  • Suscribete a Novas CESGA

HPC User Portal

  • HPC User Portal

State of the systems

  • Solo visible desde Firefox o Chrome.

Follow us ...

  • Twitter FacebbokFlickrYouTube CESGA

SME Services

  • Servicios para Empresas

díxitos Julio 2018

  • díxitos Julio 2018

  • CESGA ICTS

Ciclo Xornadas de Divulgación Tecnolóxica: Modelización, Simulación e Big Data na Industria 4.0.

 0 vote(s)

Tuesday 22/11/2016 11:47

Proporcionar ás PEMES o acceso ás tecnoloxías facilitadoras, en concreto á computación avanzada (HPC) é unha prioridade das políticas europeas, nacionais e rexionais.

GAIN a través do CIS GALICIA e o CESGA, traballan dende 2015 no deseño de actuacións conxuntas para impulsar o uso da computación e facilitar ás PeMES o acceso a esta tecnoloxía chave para a industria 4.0.

 Neste marco de colaboración, desenvolveranse actividades de divulgación, formación, demostración e servizos para apoiar ás PeMES no seu proceso de incorporación de Tecnoloxías 4.0, ofrecendo ás PeMES a posibilidade única de utilizar infraestruturas de supercomputación e procesado masivo de datos para proxectos de mellora empresarial e para proxectos de I+D+i.

 Paralelamente, o IGAPE e a Amtega a través do programa Re-acciona TIC, presentan un servizo de apoio económico para mellorar a competitividade das empresas a través de sete servizos TIC, un deles o de “Xeración de Modelos e Simulación Industrial”.

 Para presentar esta combinación de medidas de apoio á PeME, GAIN organiza, en colaboración coas mencionadas entidades, un programa de xornadas de divulgación tecnolóxica específico para que as PeMEs coñezan estas medidas de apoio e fagan uso da computación mediante aplicacións de Modelización, Simulación e Big Data.

 As xornadas están dirixidas a persoal directivo e responsables de departamentos de empresas de tódolos sectores (xerentes, responsables de produción, responsables de oficinas técnicas, etc).

 Estas xornadas celebraranse en distintos puntos de Galicia. Nelas, informarase ás PeMEs das diferentes medidas postas en marcha por GAIN , IGAPE e o CESGA para impulsar o uso destas tecnoloxías nas PeMEs. Tamén se informará dos beneficios para as PeMEs da simulación numérica, a modelización e o Big Data, e das tecnoloxías que se requiren para implantar estas novas solucións. Por último presentaránse casos de éxito de empresas da nosa contorna que xa teñen implantadas estas solucións, e o servizo Re-Acciona TIC de mellora competitiva para PeMES galegas.

AXENDA || INSCRICIÓN

Rate: