Solicitamos su permiso para obtener datos estadísticos de su navegación en esta web. Si continúa navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK | Política de cookies | Política de Privacidad
Language: English
RSS

Máster HPC

  • Máster HPC

Suscribete

  • Suscribete a Novas CESGA

HPC User Portal

  • HPC User Portal

State of the systems

  • Solo visible desde Firefox o Chrome.

Follow us ...

  • Twitter FacebbokFlickrYouTube CESGA

SME Services

  • Servicios para Empresas

díxitos Julio 2018

  • díxitos Julio 2018

  • CESGA ICTS

InfoDay Fortissimo II

 0 vote(s)

Tuesday 11/10/2016 13:11

OPORTUNIDADES PARA O USO DA COMPUTACIÓN NAS PEMES
Financiamento, beneficios e aplicacións da computación para pequenas e medianas empresas

A xornada, que  terá lugar o vindeiro 24 de Outubro, está dirixida a empresarios, enxeñeiros e persoal técnico de PEME e Mid-Caps con actividade en innovación. A organización deste evento corre a cargo do CIS Galicia e o CESGA en colaboración coa GAIN.

Con motivo da segunda convocatoria de experimentos sobre aplicacións baseadas en HPC en Cloud para PEME e Mid-Caps do Proxecto Europeo Fortissimo2. Esta convocatoria busca financiar experimentos para estender e demostrar o potencial de negocio dun ecosistema de servicios HPC-Cloud, específicamente para aplicacións que inclúan simulacións acopladas de procesos físicos ou analise de datos de altas prestacións (Big Data).

Búscanse novos experimentos que complementen e estendan as actividades actuais do proxecto; estes novos experimentos deben estar enfocados a resolver necesidades de negocio de PEME ou mid-caps do sector da enxeñaría ou da manufactura.

O financiamento máximo por proxecto ascende a 175.000 euros (para todos os participantes). A solicitude resulta sinxela xa que as propostas non poden superar as 10 páxinas. As empresas que desexen solicitar financiamento contarán co soporte do CESGA para preparar a súa proposta. CESGA xa axudou a 23 empresas financiadas baixo este programa.

A convocatoria pecha o 7 de decembro.

Data: Luns 24 de Outubro ás 10:30 h.

Lugar: Axencia Galega de Innovación (GAIN)
Rúa Airas Nunes, s/n - Conxo
15702 - Santiago de Compostela, A Coruña
Coordenadas GPS:  W 8º  33’ 16,35’’  N 42º 51’ 47,21’’
Consulte como chegar utilizando a rede do transporte urbano.  Deberá seleccionar a parada "Rúa de Sánchez Freire (rotonda de Conxo)" no desplegable "Ver as liñas que pasan pola parada".

AXENDA

10.30h.

Apertura da Xornada

Sonia Pazos Álvarez, Directora de Centros, GAIN.

10:45h.

O CESGA: servicios para empresas

Javier García Tobío, Director Xerente, CESGA.

11.00h.

Novas infraestructuras do CESGA

Ignacio López Cabido,  Subdirector Técnico, CESGA

11.15h.

BD|CESGA: Servicios de Big Data.

Javier López Cacheiro, Técnico Superior de Sistemas, CESGA.

11.30h.

CAFE

12.00h.

Fortissimo 2: Segunda convocatoria para o financiamento de experimentos.

Andrés Gómez Tato, Responsable de Proxectos, CESGA.

12:30h.

Experiencias previas en Fortissimo e Fortissimo2.

Carmen Cotelo Queijo, Técnico Coordinador do Proxecto Fortissimo, CESGA.

12:50h

SESAMET Net: Rede europea de centros de competencias en HPC para PEME.

Ignacio López Cabido,  Subdirector Técnico, CESGA.

13:00h.

APERITIVO NETWORKING

13:10h.

Entrevistas un a un con empresas interesadas.
Os interesados nas entrevistas deberán solicitalo previamente no email fortissimo@cesga.es

 

O proxecto Fortissimo 2 recibiu financiamento do programa de Investigación e Innovación da unión Europea Horizon 2020, con número de contrato 680481.

Rate: