FORTISSIMO Project

Subscríbeche

  • Suscribete a Novas CESGA

HPC User Portal

  • HPC User Portal

Estado dos sistemas

  • Solo visible desde Firefox o Chrome.

Compromiso coa Igualdade

  • Igualdad CESGA

6º Foro Transfiere 2017

Síguenos ...

  • Twitter FacebbokFlickrYouTube CESGA

Servizos PYME's

  • Servicios para Empresas

díxitos Decembro

  • díxitos Decembro 2017

  • CESGA ICTS
Cursos e eventos

Martes 06/02/2018 11:11

Nova: Xornada Fortissimo: "Casos de aplicación do HPC na industria galega"

Xoves 22 de Febreiro 2018 - CESGA

Nesta xornada, organizada polo CESGA e GAIN, diferentes empresas e entidades galegas contarán a súa experiencia de participación no proxecto europeo Fortissimo (www.fortissimo-project.eu).

FORTISSIMO financiou, ao longo das súas dúas edicións, máis de 70 experiencias innovadoras co obxectivo de demostrar o potencial dos servizos de computación de altas prestaciones aplicados á industria, particularmente a pequenas e medianas empresas, e a problemas ou servizos vinculados principalmente ao área da manufactura.

Empresas galegas de diferentes sectores, proveedores de software e servizos, grupos de investigación especializados, centros tecnolóxicos e centros de cálculo forman parte dos equipos de traballo dos 6 casos que se presentarán durante a xornada. Un total de 7 empresas e 4 institucións galegas, expertas en diferentes áreas, contarán a súa experiencia, a súa motivación e os beneficios que a participación neste proxecto supón para eles, así como as súas necesidades e o seu potencial para seguir incorporando servizos de computación de altas prestaciones ao seu negocio ou actividade.

AXENDA / REXISTRO

Nova completa

Artigos

Luns 05/02/2018 10:44

Nova: Sofisticadas quimiotecas para dar vida a novos fármacos

A elaboración de medicamentos capaces de marcar un antes e un despois no tratamento de enfermidades é un dos grandes retos deste século. O grupo galego BioFarma posúe unha potente colección de compostos químicos con información clave para a industria farmacéutica. O inicio dun novo proxecto no 2012 supuxo a ampliación do volume da quimioteca ata 60.000 moléculas. O CESGA encárgase da xestión dos servidores que as albergan grazas á súa capacidade e á garantía de seguridade e protección de datos moi sensibles.

É moi probable que imaxes analizadas nos últimos cinco anos no CiMUS sexan o piar de fármacos para tratar o ictus, o cancro de pulmón ou a asma nun futuro. A investigación e a tecnoloxía que o farán posible son 100% galegas.

Nova completa

CESGA

Martes 30/01/2018 12:30

Xa está dispoñible Spark 2 na plataforma Big Data.

Esta nova versión aporta numerosas novidades entre as que destacan melloras no rendemento. Ademais esta nova versión inclúe algoritmos adicionais na librería de Machine Learning MLlib, así como unha nova API de streaming denominada Structured Streaming.

As versións que están dispoñibles actualmente son as versións correspondentes ás dúas ramas principais: 2.1.2 (Outubro 2017) e 2.2.1 (Decembro 2017). A medida que vaian saíndo versións novas iranse incorporando á lista de versións soportadas.

Para poder usalo basta con cargar o módulo correspondente á versión desexada, por exemplo:

module loade spark/2.2.1

E a partir de aí pódense usar os comandos habituais como spark-submit ou start_jupyter, utilizando a versión 2 de spark no canto da 1.6.

Nova completa

Artigos

Venres 26/01/2018 10:07

Nova: Chemineas á carta matematicamente respectuosas co medio ambiente

Estufas, sistemas de ventilación e tubos de aceiro inoxidable integrados na paisaxe debuxan un novo panorama no consumo enerxético. A combustión limpa chegou para quedar. Pero, como acadar chemineas sofisticadas e sostibles? Dinak, empresa galega punteira no sector, recorre á simulación na nube mediante computación de alto rendemento como vantaxe competitiva. Este método de cálculo avanzado permítelle deseñar o produto máis axeitado para cada fogar ou industria nunha semana, minimizando o número de prototipos físicos necesarios.

Os gases liberados por estufas de gas, chemineas de leña ou calentadores que funcionan mal poden chegar a ser moi perigosos. Calcúlase que cada ano en España sofren intoxicacións por monóxido de carbono (CO) entre 5.000 e 10.000 persoas. Pero o control dos gases e a procura dunha óptima ventilación, é posible. O emprego de tecnoloxía de última xeración por parte do sector consegue emisións cero.

Nova completa

Cursos e eventos

Martes 23/01/2018 11:01

Nova: Jornada: HERRAMIENTAS INNOVADORAS PARA LA GESTIÓN Y REDUCCIÓN DE DESCARTES PESQUEROS

La jornada emmarcada en el Proyecto iSEAS, se celebrará el próximo 8 de febrero en horario de mañana desde las 09:45h. en el CESGA, tendrá como objetivos principales:

  • Presentación de la herramienta RED-BOX para la obtención a bordo de datos espacio-temporales sobre descartes en las áreas pesqueras de interés.
  • Presentación del Geoportal de gestión de datos de descartes para la optimización de la actividad pesquera y la gestión de los recursos marinos.8 febrero 2018.

Inscripción: Asistencia gratuita por riguroso orden de inscripción vía web, indicando nombre e institución a la dirección: http://www.cetmar.org/seminarios/iSEAS2018/Programa.pdf

Nova completa